Nontá :: historias certas :: June :: 2006

historias certas

June 2, 2006

Ana ten vintenove anos. Estudou historia da arte e rematou a carreira, traballou de camareira, limpadora, comercial dunha editorial, enquisadora, monitora de tempo libre e nas leiras dos pais, porque desde que rematou os estudos aos vintecatro anos non puido aprobar ninguna das quince oposicións ás que se presentou, xa non propias da súa carreira, senón calquera cousa que caiga. En todas elas se presentaban máis de cincocentas persoas para cada praza. Leva cinco anos preparándoas nunha prestixiosa academia, que disque é da muller dun ex alto cargo da Xunta, onde sempre obtén as mellores puntuacións nos test e leva cinco anos estudando polas noites, cando ten emprego e todo o día cando queda no paro. Leva pagadas máis de cen mil pesetas en taxas e xa nin sabe o que leva pagado de libros e academia.

Ana domina á perfección dous idiomas ademais do galego e o español e sabe case todo o que hai que saber sobre lexislación administrativa e os coñecementos específicos de dúas escalas da administración. Botou polo cambio confiando en que o novo goberno limparía de parasitos a Administración e convocaría oposicións libres e xustas para cubrir os postos vacantes, dándolle a posibilidade de acadar o emprego para o que vale e polo que tanto loita.

Luisa ten vinteoito anos. Non chegou a rematar o bacherelato, porque lle tiraban máis a movida e os mozos que os libros. Os pais manteñena e páganlle piso en Santiago, porque Luisa traballa na Xunta. En realidade figura na nómina dunha empresa contratada pola Xunta. Cando tiña vinte anos coñeceu nunha discoteca a un home casado que era xefe de servizo nunha consellaría. Amáronse moito, a tempo parcial, e aos seis meses ela entrou contratada. Leva oito anos traballando de 9 a 2 e cobrando 1100 euros ao mes, que se lle van nas noites, en ximnasios e solariums. Non sabe nada máis que catro cousas de administración (en oito anos malo sería que non aprendera algo) pero en troques é quen de organizar as mellores e máis sonadas festas e paparotas da oficina. Agora está moi preocupada porque disque a van despedir e apela aos seus dereitos “adquiridos” e á “traxedia humana” que é que a boten.

É isto real? Coñecedes a xente como Ana e Luisa?

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://nonta.blogsome.com/2006/06/02/historias-certas/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here