Promoción barato-barato
Hoxe a prensa vén brincadeira, rexoubeira ai la-la-la-la-la-lá.
Dunha banda seica Pescanova reafirma o seu compromiso coa Galiza. É como unha desas vosas parellas, que seguro que tiveste algunha así, que che din aquilo de “ámote moito, pero se non fas o que eu quero, déixote e marcho con outroa, pero que conste que te quero moitísimo”…Ai!, que amores.
E da outra que o PP láiase de que as obras da pirámide de Manolo o Único, ese complexo funerario do monte Gaiás, sigan paralizadas. Viva o viño do Ulla!
Eu coidaba, cando paso a cotio pola autoestrada a carón da magnitude, que o goberno do cambio que nunca minte andaba un pouco engañado co da paralise, pois sempre vexo aquilo cheo de coches e obreiros e os edificios medran e medran. Díciame que alguén estaba a enghañar a Bugallo (Ánxela) e que cousa máis fea enghañar así a unha conselleira, non?.
![]()
Pero, agora que o PP confirma a parálise, cheguei á conclusión de que o enghañado son eu e que o viño da Ulla é marabilloso. E din que non coloca!. O certo é que estou a sufrir alucinacións coa cidade da cultura esa, e como, agás os iogures DIA, non consumo sicofármacos; pois vaites que o viño do Ulla ademais de frescal e tónico, che fai ver cousas que non existen. E que conste que mirei no diccionario o significado da paralizar, por se había trasacordo no bilingüismo har-monico e para asegurarme ben.
Se queredes mercar este potente alucinóxeno teño a adega repleta: o tinto a 1,10 e o branco a 1,35. Os augardentes, guindas e licorcas son para min e non están a venda. Síntoo.
O debuxo de Xose Lois está tirado de A Nosa Terra
