Nontá :: May :: 2006

Pilatos

May 9, 2006

Seica o de onte en Vigo foi un asalto policial premeditado e azuzado desde a alcaldía e a patronal para tentar reventala folga.

 

Pois seica lles saiu o tiro pola culata, pois os sindicatos declaran que xa non dan "controlado" aos traballadores.

Pero o máis triste é que a Xunta de Galicia, que ten as (in)competencias sobre relacións laborais, anda a lavalas mans. Senón a ver como se entende que o compañeiro de partido do gobernador civil de Pontevedra diga unha cousa como que a Xunta está a intermediar e o socio declare que empresarios e traballadores non precisan de intermediarios.

A ver amiguiños, ademais de palabras bonitas, pór a cultura a circular, consolidar o futuro dos ex-altos cargos do PP (ou re-asumilos), HAI QUE MOLLARSE. e se hai unha agresión policial hai que condenala e esixir responsabilidades. E non veñades con que iso non entra no "protocolo" do goberno.

Ás persoas feridas onte en Vigo non lles valen protocolos 

Asasina

É un calificativo colectivo que se vos dá, cando facedes ¿o animal?, ¿o besta?. Calquera animal ou besta é mellor persoa ca vós.

Ley y orden. Fotografía cortesía da CIG. Máis fotos aquí
 
 

Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here