O pin da Galiza
Fiquei cavilando, despois dunha conversa sobre as nosas idosincrasias nacionais, en que agora que disque vai haber un novo estatuto, pois poderían aproveitar para cambiar o pin e facer un máis moderno e sobre todo con menos hostión, que para quitarlle a coroa non hai que facer reforma, senón revoluçâo.
Pero o motivo da cavilación non era o hostión, nin o escudo, senón a lenda que debería levar ese pin. O de "Denantes mortos que escravos" é moi digno, pero non lle acae moito ao país, que aquí e hoxe, digocho eu, que a maioría escolle seguir vivindo como escravo puteado e pelota denantes que morrer na precariedade absoluta.
Se cadra lle acae mellor unha banda que puxera "Pan para hoxe". E agora miro este artigo e aforro dar moitas explicacións…un, que ten uns días pesimistas.
