Conquistadores
Andan todos alborotados (pero todos-todos) porque a nación boliviana vén de dicir que o seu gas é seu. Cousa certamente rachadora e incrible.
É lóxica a postura dos gobernantes europeos e españois e os seus acólitos da prensa, pois os seus votos dependen das masas consumidoras.
Boto de menos unha expresión clara e menos hipócrita. Se Trillo seguira en Defensa, Bono tampouco se afastaba moito da súa liña, seguro que teríamos unha declaración sincera do que pensan todos. Algo así como "Estos indios siempre están sublevándose. Que no me calienten porque les envío dos fragatas a las esplendorosas playas del Potosí".
E teríamos algueirada para unha tempada.
DÁLLES EVO!!!
