Nontá :: May :: 2006

Planta de gas: fora da ría

May 31, 2006

 

 

Mais info aqui

 

cesario

May 30, 2006

éche outro de nontá. Non ten nada de particular, Cesario, máis que é de moito falar e non sempre ben. Ou sexa un malalingua e un falabarato. Pero alén diso, na taberna quereno moito. Ghasta viño e consola a unha seghiña que vive alá.

Pola mañá ben cedo Cesario entra na taberna e non dá os bos días. Arrouta "Cagho no sol! ". E así día tras día do ano cagha no sol, cagha na choiva, cagha na xiada, cagha na neve ou na néboa, pero todas as mañás cagha no tempo. Así a seghiña que vive alá ten conta do día que está na porta.

Habelos hainos

May 27, 2006

Paseando estes días por Lisboa desagradoume a presencia constante de bandeiras portuguesas por toda parte (alí dicíanme que era polo campionato do mundo de futebol) asociadas á cruceiros e estampas devotas nas fiestras das casas. Cando vexo asociadas as cruces e as bandeiras sempre me veñen imaxes como a da foto.

Hai quen pensa que os nazis xa se reducen a catro bandas de pirados. Penso que están nos partidos, nos sindicatos…en moitas partes, como as meigas que ninguén quere ver. E se non botaille unha ollada as declaracións deste premio nobel e a ver que vos suxiren. 

Neghro

May 26, 2006

É o burato que todos levamos dentro.

Moitas veces atrás dunha fermosa fachada non hai máis que unha neghrura infinit(iv)a. 

 

Se vos mola a nano e aínda non coñecedes reisen, ide aquí e xa me contaredes.

 

E se non, non vos perder os concertos (non sei quen lle chama a iso verbenas) que fai a orquestra "París" de Noia: cousa ghrande, rompedora e ex-uber-ante .

Cabeza marginal

May 24, 2006

Nunca deixa de sorprenderme esta ghueb tan lonxana e tan perta. De ela é este texto e dibuxo de Hilan Diener

"  estúpido

Sempre Parecera a Antonie contabilizar sua idade como os cães. Quando tinha sete anos, ele se sentia gasto como um homem de quarenta e nove anos; aos onze, tinha desiluções de um velho de setenta e sete anos. Hoje, aos vinte e cinco, na expectativa de uma vida mais tranquila, Antoine tomou a decisão de cobrir o cérebro com o manto da estupidez. Ele constatara muitas vezes que inteligencia é palavra que designa baboseiras bem construídas e lindamente pronunciadas, e que é tão traçoeira que frequentemente é mais vantajoso ser um besta que um intelectual consagrado. A inteligencia torna a pessa infeliz, solitária, pobre, enquanto disfarce de inteligente oferece a imortalidade efemera do jornal e a admiração dos que acreditam no que lêem."

Política lingüística

Tertulianos

May 16, 2006

Cadaquén na súa leira á hora do solpor tras dunha quente xornada de traballos

-E logo, sempre andamos na mesma

-É o noso

-Si,  tanto facemos e tanto facemos para que despois veña unha xiada e vaia todo para o carallo

-E…hai que facelo, para iso estamos

-Claro que si, nós a traballar…

-…e o de arriba que fagha despois o que queira

-¡qué carallo! 

-¡Caghondiola!

En nontá somosche así:conversadores conservadores 

 

A canon

May 15, 2006

 

Informan que a plataforma contra o canon dixital xa presentou cen mil sinaturas. Van a polas cincocentas mil e, aínda que raro sería que a $gae e o seus amigos do goberno deixaran de aplicarnos tan revolucionario imposto, convén asinar por aquilo de que saiban a quen teñen en contra.

estatística rural

May 11, 2006

Lugar: Nontá

Casas habitadas: 6 de 7 en 1986

                       4 de 8 en 2006

Poboación total: 27 hab. en 1986:  >65 anos:1 de 30 a 65 anos:11  <30 anos:15

                        9 hab. en 2006:  >65 anos:3 de 30 a 65 anos:4    <30 anos:2

Gando vacún: 59 pares de cornos en 1986  4 pares de cornos en 2006

Porcos para matanza: 10 en 1986, ningún en 2006

Outro gando: tódalas casas tiñan pitas, coellos… en 1986. Hoxe ninguén cría nada.

A este ritmo en 2013, nontá desaparecerá como asentamento humano. ¿Progreso?
 

Pilatos

May 9, 2006

Seica o de onte en Vigo foi un asalto policial premeditado e azuzado desde a alcaldía e a patronal para tentar reventala folga.

 

Pois seica lles saiu o tiro pola culata, pois os sindicatos declaran que xa non dan "controlado" aos traballadores.

Pero o máis triste é que a Xunta de Galicia, que ten as (in)competencias sobre relacións laborais, anda a lavalas mans. Senón a ver como se entende que o compañeiro de partido do gobernador civil de Pontevedra diga unha cousa como que a Xunta está a intermediar e o socio declare que empresarios e traballadores non precisan de intermediarios.

A ver amiguiños, ademais de palabras bonitas, pór a cultura a circular, consolidar o futuro dos ex-altos cargos do PP (ou re-asumilos), HAI QUE MOLLARSE. e se hai unha agresión policial hai que condenala e esixir responsabilidades. E non veñades con que iso non entra no "protocolo" do goberno.

Ás persoas feridas onte en Vigo non lles valen protocolos 

Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here