Nontá :: ESTREA DE RETRATO EN PONTEVEDRA :: April :: 2006

ESTREA DE RETRATO EN PONTEVEDRA

April 2, 2006

O martes que vén estréase en Pontevedra a curtametraxe do director santiagués Jairo Iglesias, Retrato. A facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acollerá o evento no seu salón de actos ás 13.00h. Á proxección da curtametraxe, promovida e organizada por Andrés Rozados, acudirán para realizar unha charla-coloquio o director da curta, Jairo Iglesias, a axudante de dirección, Sara Horta e o protagonista de Retrato, o gañador dun Goya como actor revelación en 2005 por Mar adentro, Tamar Novas. A ópera prima de Jairo Iglesias coñece a cidade de Pontevedra por primeira vez. O director santiagués acaba de fundar, xunto a Sara Horta, a súa própria productora: Producciones Retrato. Ademáis de Retrato, Jairo e Sara teñen postos en marcha dous proxectos máis: Cicatrices (en proceso de postproducción) e Rosa dos ventos (cuxa grabación está prevista para setembro deste ano).

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://nonta.blogsome.com/2006/04/02/estrea-de-retrato-en-pontevedra/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here