Se alguén sabe por onde anda o cabalo de Atila, que me dea aviso. Vou farto de seghar.
Se queredes baixar filmes de bo ver ide aqui
Nontá :: April :: 2006
Se alguén sabe por onde anda o cabalo de Atila, que me dea aviso. Vou farto de seghar.
Se queredes baixar filmes de bo ver ide aqui
Chegha todo emoticón a contarme non sei qué da democracia extrema. Everyday hai sambodi descubrindo América. Iso que me contas xa existe hai séculos e se chama Ta-Ber-Na: democracia extrema…co permiso da taberneira, né?
O picoleto de aí ordéalle ao rebanho "é un deber preciso de quen cré na igrexa do amor e quere vivir nela, recoñecer o perigo de quen perde a fe e aceitar que non é posible a comunhón con quen se afastou da doutrina da igrexa"
Supoño que a igrexa do amor é a súa, estes católicos sonche así de irónicos, e que comunhón quer dicir contacto, diálogo, proximidade…
Hai quen pensa que a creba da comunicación é un paso previo á agresión. Cousa de sectas.![]()
Un amplo colectivo de asociacións profesionais e entidades representativas de usuarios, empresas do sector das tecnoloxías da información, telecomunicacións e internet veñen de pór en marcha a plataforma “todoscontraelcanon.es”, co obxectivo de frear a reforma da Ley de Propiedad Intelectual (LPI) que autoriza o establecemento dun NOVO canon para soportes dixitais, que recentemente pasou do Congreso ao Senado. A plataforma rexeita o gravame sobre soportes, equipos ou redes e a tecnoloxía en xeral con canons dos que se benefician sectores económicos ou actividades de mediación específicos. Xa se planificaron novas convocatorias e accións con representantes de tódolos grupos parlamentarios do Congreso e Senado.
A imaxe é "cortesía" de El Jueves.
Aquí podedes ver resumido o "espiritu" de santidade do catolicismo todo: forza, tenebrismo, curia, morte, despersoalización, dogmatismo…Conceptos intemporais por arcaicos.
Por certo, aos de verde pagámolos todos.
Mira ti con que nos sae agora o "ilustre" alcalde de Compostela. Se aínda fora unha brincadeira do 1 de abril ou do 28 de decembro, non quedaría máis que nunha de moi mal gusto. Pero Bugallo xa nos ten afeitos. A estas alturas da historia andar con estas fachonadas… Este tipo é un provocador. Ben, pois que siga adiante que se quere movida, vaina ter
Entón, por qué compras vivenda por prezos até cinco veces por riba do seu valor?. Estas interesantes preguntas se formulan na páxina da Plataforma por unha vivenda digna, que anda a convocar movidas pola rede. Non todo van ser botellóns.
E nesta outra nos contan que algunhas persoas precarias comezan a moverse no noso país. Sobre as cousas que nos interesan a cidadanía.
Mentres os + merda preocupadísimos co cambio duns ministros. Total, os mesmos
![]()
de aí diante con distintos colares

O martes que vén estréase en Pontevedra a curtametraxe do director santiagués Jairo Iglesias, Retrato. A facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acollerá o evento no seu salón de actos ás 13.00h. Á proxección da curtametraxe, promovida e organizada por Andrés Rozados, acudirán para realizar unha charla-coloquio o director da curta, Jairo Iglesias, a axudante de dirección, Sara Horta e o protagonista de Retrato, o gañador dun Goya como actor revelación en 2005 por Mar adentro, Tamar Novas. A ópera prima de Jairo Iglesias coñece a cidade de Pontevedra por primeira vez. O director santiagués acaba de fundar, xunto a Sara Horta, a súa própria productora: Producciones Retrato. Ademáis de Retrato, Jairo e Sara teñen postos en marcha dous proxectos máis: Cicatrices (en proceso de postproducción) e Rosa dos ventos (cuxa grabación está prevista para setembro deste ano).
Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here