Nontá :: March :: 2006

Esquío

March 23, 2006

Coma un rato. Non hai modo de facerlle unha foto a un rato. Non agardan polo flash.

Alí habitan os ratos. O intruso son eu. E por certo, pódese acreditar que contra os ratos nin ratibrón nin ratihostias. O único xeito de desfacerse deles é a paos…e axiña virá outro para o sitio.

Vou superando o noxo que me facían sentir. Hoxe xantei con un…perdón pola interrupta, pero tiven que erguerme a ver se lle dou medo. Estaba a remoer os espaguetis con cogumelos cando o vin fitando moi interesado a miña actividade. É un marrón que anda a facerme as beiras dende hai uns días. Lévao a modo. Primeiro bota fora o fuciño, logo as orellas e despois dunha semana xa bota unha carreiriña dun acubillo ao outro. E hoxe faise presente de corpo enteiro. Ha ser que xa me ve como "de casa".

Tentarei telo de mascota. Ao fin non hai que limparlle a area, nin botarlle de comer -xa colle o que lle peta-, nin levalo a paseo, nin limparlle a merda…ben, a merda si que hai que apañala que a fai por toda parte.

Así a todo, me dá o corpo que un día destes vou facer unha masacre.

Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here