Vén-a
En nontá o inverno é como moitas xentes que non queren marchar e afían a faciana fera de lubicán, cando senten a pressom da prima Vera.
Así, asubía un tiro de bala nordesía, como salfire de asulagamentos varios a casa, a horta, a poza e as katiuskas, abaneando no outo pendón do Candám uns curutos de neve ridículos.
Os salgueiros abroian e as mimosas secan. Réndete inverno. Como a xente que ten que marchar, debes comprender que non hai que facerlle.
