Nontá

Onde están?

June 29, 2006

Un  país que reiteradamente viola as resolucións da ONU e a legalidade internacional ten secuestrado a outro país sen auga nin electricidade, asesinando a poboación civil, crianzas incluidas, sen que os garantes da paz mundial movan un dedo, alén das súas conmiserativas e miserabeis negociacións.

 

Onde estades "buen rollito" e tío Tom?

Mudanza

Marchamos para aquí

etiquetas

June 26, 2006

Hai persoas que non poden vivir ata que teñen aos seus semellantes perfectamente etiquetados e clasificados no seu universo mental.

É tanto así, que se precipitan no intre de formar xuizos e emitir opinións.

Se cadra éste do que falo, é un vicio que temos máis ou menos todosas.

Unha destas me preguntou onte de cal partido viña sendo. É evidente:

 

 

 

 

 

 

 

 Da "Fronte Amplia", meu rei.

Non pasa nada

June 21, 2006

Máis que toda esta bobería que seica remata ¡aínda! o 9 de xullo. Ucraína fallou e só queda agardar que alguén nos faga o favoriño de aliviarnos de tanta merda antes de tempo. Haberá quen diga: se non che gusta o futbol, non o mires. Pero do que teño queixa é de que o futbol queirámolo ou non influe determinantemente en moitos aspectos das nosas vidas.

O bombardeo mediático a toda hora e con calquera pretexto, os repugnantes cánticos patrioteros e agresivos ("A por ellos"), cando non absolutamente demenciais ("El futbol es sagrado"). Por non falar da paralización de actividades e o abandono doutros temas que deberían ter máis atención. Todo en beneficio do inmenso negocio de catro, coma sempre.

O neno da foto non está a xogar  

 Probablemente o futbol si sexa sagrado: unha relixión. A relixión é o lugar da sinrazón, do fanatismo… é onde se manifesta visiblemente todo o nefasto que é quen de producir o ser humano.

Mentres, amigos e amigas futbolerosas, a vida cos seus problemas segue adiante, pero se gaña o noso equipo, os problemas desaparecen como nunha pipada de opio e a vida pode ser fermosa, ¿nonsi? 

Apodellos!

June 14, 2006

Por fin, hoxe é o gran día: o día que pode ser o principio do fin desa semioloxía abafante da patria trunfante, desa sacralización da estupidez, dese tuzaro racista ao frente de vintetantos multimillonarios e dese gran negocio basado na nosa alienación impenitente.

Por fin, hoxe pode ser, ánimo: U-CRAI-NA!!! U-CRAI-NA!!! 

CONTRA$GAE 2

June 7, 2006

Según informan aquí 

A asociación ilexítima que dirixe o da foto (a imaxe real deste individuo é a que aparece na metade baixa, o da parte superior é unha montaxe virtual) tenta asaltar aos refuxiados saharauis roubándolles máis de 3000€. A mesma partida de bandidos xa quixo asaltar a un grupo de teatro integrado por persoas diminuidas síquicas de Segovia ao berro de "alto, en nome do copyright".

Frente a estes desaprensivos a cidadanía debe exercer unhas normas básicas de decencia, como, por exemplo, non mercar discos nin calquera producto que vendan os seus asociados, non ir aos concertos dos mesmos (aínda que sexan de balde), cambiar de emisora de RTV cando aparezan estes elementos ou agasallar con CDs copiados aos seus fans. Se isto se extendera, quedarían co copyright de cero, que é cero. Facer o contrario é ser cúmplice das súas falcatruadas.

Qué carallo!, ao nivel que se están poñendo non son falcatruadas, son crímenes.

Cicatrices

June 6, 2006

Producciones Retrato xa ten o trailer de Cicatrices a segunda curta de Jairo Iglesias, unha historia de terapia de grupo con muller maltratada, puta e alcólico polo medio. No reparto Isabel Blanco, Xavier Deive e Estibaliz Veiga.

E ademais de promocionar á xente nova tamén teño que dicir que non comprendo aos novosas realizadoresas que fan curtas en español. Cal é o argumento? Que, se non, non se venden…pois non sei, pero polo que vexo estes traballos se difunden principalmente no país no que se fala o galego. En todo festival piden que os filmes en outras linguas leven subtítulos en español. Vexo que os cataláns fan as curtas en catalán e despois as dobran ao español ou as subtitulan e…gañan festivais e concursos….

A verdade é que con ese argumento, por qué non en inglés? 

 Seguro que o público é quen ten a palabra, pero, como público, penso que o chamado "audiovisual galego" e cine español feito en Galiza e por galegosas, pero non é cine galego. E non é cuestión de nacionalismo, é un problema de coherencia.

Así que ánimo! e a gravar en inglés.

historias certas

June 2, 2006

Ana ten vintenove anos. Estudou historia da arte e rematou a carreira, traballou de camareira, limpadora, comercial dunha editorial, enquisadora, monitora de tempo libre e nas leiras dos pais, porque desde que rematou os estudos aos vintecatro anos non puido aprobar ninguna das quince oposicións ás que se presentou, xa non propias da súa carreira, senón calquera cousa que caiga. En todas elas se presentaban máis de cincocentas persoas para cada praza. Leva cinco anos preparándoas nunha prestixiosa academia, que disque é da muller dun ex alto cargo da Xunta, onde sempre obtén as mellores puntuacións nos test e leva cinco anos estudando polas noites, cando ten emprego e todo o día cando queda no paro. Leva pagadas máis de cen mil pesetas en taxas e xa nin sabe o que leva pagado de libros e academia.

Ana domina á perfección dous idiomas ademais do galego e o español e sabe case todo o que hai que saber sobre lexislación administrativa e os coñecementos específicos de dúas escalas da administración. Botou polo cambio confiando en que o novo goberno limparía de parasitos a Administración e convocaría oposicións libres e xustas para cubrir os postos vacantes, dándolle a posibilidade de acadar o emprego para o que vale e polo que tanto loita.

Luisa ten vinteoito anos. Non chegou a rematar o bacherelato, porque lle tiraban máis a movida e os mozos que os libros. Os pais manteñena e páganlle piso en Santiago, porque Luisa traballa na Xunta. En realidade figura na nómina dunha empresa contratada pola Xunta. Cando tiña vinte anos coñeceu nunha discoteca a un home casado que era xefe de servizo nunha consellaría. Amáronse moito, a tempo parcial, e aos seis meses ela entrou contratada. Leva oito anos traballando de 9 a 2 e cobrando 1100 euros ao mes, que se lle van nas noites, en ximnasios e solariums. Non sabe nada máis que catro cousas de administración (en oito anos malo sería que non aprendera algo) pero en troques é quen de organizar as mellores e máis sonadas festas e paparotas da oficina. Agora está moi preocupada porque disque a van despedir e apela aos seus dereitos “adquiridos” e á “traxedia humana” que é que a boten.

É isto real? Coñecedes a xente como Ana e Luisa?

Promoción barato-barato

June 1, 2006

Hoxe a prensa vén brincadeira, rexoubeira ai la-la-la-la-la-lá.

Dunha banda seica Pescanova reafirma o seu compromiso coa Galiza. É como unha desas vosas parellas, que seguro que tiveste algunha así, que che din aquilo de “ámote moito, pero se non fas o que eu quero, déixote e marcho con outroa, pero que conste que te quero moitísimo”…Ai!, que amores.

E da outra que o PP láiase de que as obras da pirámide de Manolo o Único, ese complexo funerario do monte Gaiás, sigan paralizadas. Viva o viño do Ulla!

Eu coidaba, cando paso a cotio pola autoestrada a carón da magnitude, que o goberno do cambio que nunca minte andaba un pouco engañado co da paralise, pois sempre vexo aquilo cheo de coches e obreiros e os edificios medran e medran. Díciame que alguén estaba a enghañar a Bugallo (Ánxela) e que cousa máis fea enghañar así a unha conselleira, non?.

Pero, agora que o PP confirma a parálise, cheguei á conclusión de que o enghañado son eu e que o viño da Ulla é marabilloso. E din que non coloca!. O certo é que estou a sufrir alucinacións coa cidade da cultura esa, e como, agás os iogures DIA, non consumo sicofármacos;  pois vaites que o viño do Ulla ademais de frescal e tónico, che fai ver cousas que non existen. E que conste que mirei no diccionario o significado da paralizar, por se había trasacordo no bilingüismo har-monico e para asegurarme ben.

Se queredes mercar este potente alucinóxeno teño a adega repleta: o tinto a 1,10 e o branco a 1,35. Os augardentes, guindas e licorcas son para min e non están a venda. Síntoo.

 O debuxo de Xose Lois está tirado de A Nosa Terra

 

Planta de gas: fora da ría

May 31, 2006

 

 

Mais info aqui

 

Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here